O Seminario de Estudos do Val de Ouro presentará o venres 25 «Apuntamentos históricos do Valadouro», escrito en 1912 polo párroco Xosé Martínez Cobo
O VALADOURO

A cita terá lugar ás 19.30 horas na Casa da Cultura de Alfoz
23 abr 2025 . Actualizado a las 16:30 h.O Seminario de Estudos do Val de Ouro (S.E.V.A.) presentará este venres, 25 de abril, o seu caderno número 16: «Apuntamentos Históricos do Valadouro», escrito en 1912 por Xosé Martínez Cobo, párroco de Bacoi, e traducido ao galego por Isaac Ferreira.
Martínez Cobo, que foi delegado no val da Sociedade de Hijos do Val de Ouro, fala na publicación da importancia da fundación das escolas nas parroquias do val, dos seus desexos da creación dunha Escola Agrícola para formar aos mozos ou da formación do Alfoz do Castrodouro, así como da historia do mariscal Pardo de Cela, a importancia do mercado de gando de Ferreira, ou do carácter dos habitantes do Valadouro.
A presentación da cita organizada polo colectivo que preside Eduardo Fernández Galán dará comezo ás 19.30 horas na Casa da Cultura de Alfoz.