A AECC celebrará o domingo, 20 de xullo, a primeira andaina O Vicedo contra o cancro

La Voz O VICEDO / LA VOZ

O VICEDO

Presentación da primeira andaina da AECC O Vicedo en marcha contra o cancro, que terá lugar este domingo; participaron, entre outros, o presidente da AECC en Lugo, José Manuel Rozas, e o alcalde, Jesús Novo
Presentación da primeira andaina da AECC O Vicedo en marcha contra o cancro, que terá lugar este domingo; participaron, entre outros, o presidente da AECC en Lugo, José Manuel Rozas, e o alcalde, Jesús Novo CEDIDA

A inscrición na marcha solidaria pode completarse neste enlace ou de maneira presencial na Casa da Cultura ou no punto de saída, na ponte metálica sobre o río Sor

16 jul 2025 . Actualizado a las 19:51 h.

A Asociación Española Contra el Cáncer (AECC) presentou onte a primeira edición da andaina O Vicedo en marcha contra o cancro, que se celebrará este domingo, 20 de xullo, a partir das 11.00 horas. A saída terá lugar na Ponte Vella do Vicedo (ponte metálica sobre o río Sor), e a marcha discorrerá ata o parque vicedense.

A actividade lúdico-deportiva está aberta a participantes de todas as idades. As inscricións para sumarse a ela pódense facer de forma on line na páxina https://enmarcha.contraelcancer.es/es/evento/vicedo-en-marcha-contra-o cancro. O prazo para anotarse remata o sábado 19 de xullo ás 23.59 horas. Ademais, presencialmente tamén se poderá completar na Casa da Cultura en horario de 11.00 a 13.00 horas, e o día da cita no punto de saída a partir das 10.00 horas. Desde a AECC agradecen o patrocinio de Solán de Cabras e a colaboración do Concello do Vicedo e de Eroski. As camisetas poderán recollerse na saída, e ó finalizar haberá un tentempé. Quen non poda participar pode colaborar cun donativo como inscrición solidaria.