O Festival Aturuxo, de Bravos, en Ourol, anima a participar na gran foliada que organizará en xullo
OUROL / LA VOZ
OUROL

O colectivo ten aberta a inscrición ata o luns 26 de maio
24 may 2025 . Actualizado a las 13:34 h.A organización do Festival Aturuxo, que terá lugar o venres 18 e o sábado 19 de maio en Bravos, Ourol, convida a participar na gran foliada que prepara. «Se tedes un grupo de música tradicional e queredes compartir a vosa música con nós e facer unha gran festa… este é o voso lugar!», sinalan desde o colectivo, que manterá aberta a inscrición ata o luns 26 de maio. Pódese obter máis información no enlace: festivalaturuxo.gal/inscricion-foliada. «Animádevos a aturuxar con nós! Ao remate dos concertos tamén teremos foliada libre toda a noite!», sinalan desde unha cita na que tanto a entrada como a acampada serán de balde.