Queremos médico en Ourol xa!

M.R.V., veciña de Ourol

OUROL

<span lang= gl >En imaxe de arquivo, concentración celebrada en Ourol en xaneiro do 2025 para reclamar servicios sanitarios para o rural</span>
En imaxe de arquivo, concentración celebrada en Ourol en xaneiro do 2025 para reclamar servicios sanitarios para o rural Plataforma Sanitaria

25 nov 2025 . Actualizado a las 17:54 h.

Ourol leva máis dun ano sen ter un médico asignado, polo que o paciente non sabe nunca que médico lle vai tocar, coa consecuencia de que o tratamento que lle dá un quítallo outro, e a diversidade de opinións sobre calquera problema de saúde que unha persoa poda ter. Pero, por se isto fora pouco padecer para un concello cheo de xente maior, agora non vai haber médico ata o 17 de decembro. E xa levamos así máis dunha semana. 

E sempre falamos da xente maior porque é a que máis dificultades ten para ir ó médico a Muras, pero que pasa coa xente que está de baixa? Porque resulta que nin a medicación nin as baixas se poden tramitar desde outro centro de saúde. Ten que ser no propio. Nin o persoal dos centros de saúde sabe que indicar porque non lles dan instrucións.

E eu pregúntome... Para onde van os nosos impostos? Porque non cubren o centro de saúde, desmantelan o hospital de Burela e no de Lugo quéixanse de que non hai persoal suficiente. Ah! Pero o personal sanitario segue sen ter prazas na sanidade pública.

Queremos médico en Ourol xa! Sen esperar a que haxa unhas eleccións autonómicas para gañar votos.