Suárez ironiza sobre as inversións en vivendas sociais en Ribadeo

La Voz RIBADEO / LA VOZ

RIBADEO

FOTO MIGUEL

29 nov 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, cualifica de «surrealistas, esaxeradas e que raian a paranoia» as declaracións realizadas polo voceiro do PP no Concello sobre as vivendas sociais que a Xunta promoveu en Ribadeo.

Suárez Barcia subliña que «os populares remóntanse a todas as promocións realizadas na vila nos últimos 30 anos». O rexedor tilda de « delirantes e de falta de rigor esas palabras. Para o alcalde ribadense esas reaccións prodúcense despois de que o Concello concedese licenza á promoción de vivendas de aluguer que se vai realizar na avenida Rafael Fernández Cardoso».

«Non deixa de sorprendernos a escalada de declaracións que ultimamente fai o PP de Ribadeo, especialmente a través do seu voceiro, cada día máis surrealistas, eu diría que cada día máis raiando coa paranoia, porque agora di que a Xunta promove nin máis nin menos que 191 vivendas sociais, a disposición dos veciños tanto en compra como en aluguer, e para iso está sumando as promocións de vivendas feitas nos últimos 30 anos en Ribadeo». O rexedor lembrou que «hai trinta anos se fixeron as vivendas no parque, hai outras oitenta vivendas que se fixeron hai vinte anos na avenida Rafael Fernández Cardoso, outras na mesma avenida construídas no goberno bipartito da Xunta hai dez anos, e todo isto estano atribuíndo como mérito a día de hoxe».