Presentación en Ribadeo do libro «Maxicamente vella, eternamente nova. A literatura tradicional galega»

M.C. RIBADEO / LA VOZ

RIBADEO

Carlos Callón, escritor
Carlos Callón, escritor XOAN A. SOLER

A agrupación Francisco Lanza organiza este acto o xoves 22

20 may 2025 . Actualizado a las 11:45 h.

A agrupación cultural Francisco Lanza de Ribadeo, en colaboración co Concello, presentará o libro «Maxicamente vella, eternamente nova. A literatura tradicional galega», de Carlos Callón.

O acto será este xoves, 22 de maio, ás 20.30 horas, na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Falarán Dores Fernández Abel, da asociación, e Carlos Callón, o autor. A entrada ao acto é libre.