A Asociación Cultural Veiguello organizou en Trabada o Camín de Outono

La Voz TRABADA / LA VOZ

TRABADA

Algúns dos participantes no Camín de Outono
Algúns dos participantes no Camín de Outono CEDIDA

Contou coa participación, entre outros, do ilustrador Cristian F. Caruncho, o actor Miguel de Lira ou o cineasta Andrés Goteira

17 sep 2023 . Actualizado a las 17:38 h.

O Camín de Outono, encontro organizado pola Asociación Cultural Veiguello, tivo lugar en Vilaformán (Trabada), e nel participaron, entre outros, o ilustrador Cristian F. Caruncho, Premio Castelao de Banda Deseñada; o actor Miguel de Lira; o cineasta Andrés Goteira (director de «Dhogs», película que gañou 13 premios Mestre Mateo) ou o experto en microtoponimia Álvaro Crego. Tamén a alcaldesa, Mayra García. O obxectivo da cita foi o de xuntar xente da zona con creadores que acheguen a súa experiencia. «As primeiras xornadas da cultura e da terra da Asociación Cultural Veiguello xorden como unha iniciativa para dinamizar culturalmente esta zona con actividades como obradoiros, exposicións, recitais ou residencias artísticas», apuntan desde a entidade organizadora, que preside a escritora e profesora Ana F. Moreiras, que ten raíces familiares en Trabada. 

Nesta primeira edición tivo un papel destacado Cristian F. Caruncho, que participou nun roteiro pola parroquia ilustrando diferentes localizacións, mentres as persoas asistentes escoitaban e debuxaban a partir dos relatos rurais da Casa da Taberna de Tomasa, da Casa do Maiorazo e da Casa do Capador

A rexedora, Mayra García, animou a tomar parte «do xerme dun proxecto dinámico, ilusionante e innovador», que pretende ter continuidade de maneira trimestral.