O BNG anuncia xa que encabezará «a alternativa» para Viveiro nas eleccións do 2027

Lucía Rey
Lucía Rey VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

Miriam Bermúdez, voceira do BNG e anterior tenenta de alcaldesa de Viveiro
Miriam Bermúdez, voceira do BNG e anterior tenenta de alcaldesa de Viveiro XAIME RAMALLAL

A voceira e anterior tenenta de alcaldesa, Miriam Bermúdez, reincorporarase este martes á súa praza no CEIP de Celeiro

10 mar 2025 . Actualizado a las 18:50 h.

O Bloque Nacionalista Galego anunciou este luns que encabezará «a alternativa» para Viveiro nas eleccións do 2027. Despois de participar no goberno local case dous anos, o BNG afirma: «A nosa experiencia de goberno nestes dous anos demostrou que hai outra forma de facer política: con responsabilidade, proximidade e sentido común». Desde a Tenencia de Alcaldía impulsamos proxectos esenciais para Viveiro, mais o tempo foi insuficiente para completar todo o traballo iniciado. Moitas das iniciativas que puxemos en marcha seguirán executándose nos vindeiros meses, aínda que agora outros intenten apropiarse delas», afirma Miriam Bermúdez, que hoxe se reincorporará á súa praza de mestra no CEIP de Celeiro.

Bermúdez afirma que entregan [ó novo goberno do PP] «unha xestión» da que se senten «orgullosos» e que lles permite «afrontar o futuro con máis forza e coñecemento». «Por iso, nos dous anos que quedan ata o 2027, exerceremos unha oposición firme e construtiva, con determinación e responsabilidade, defendendo os intereses da veciñanza fronte a quen fai da política un simple xogo de intereses persoais e partidistas», argumenta. «Agora máis que nunca é o momento de apostar por un cambio real», sinala.