Unha educadora social ofrecerá o xoves 22 en Viveiro claves para comprender o TEA (trastorno do espectro autista)

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

<span lang= gl >Pictogramas promovidos pola asociación Capaces Lugo para facilitar a inclusión de persoas con TEA</span>
Pictogramas promovidos pola asociación Capaces Lugo para facilitar a inclusión de persoas con TEA CEDIDA

O salón de actos do Conservatorio acollerá desde as 17.00 horas unha charla-coloquia organizada polo CEP Lois Tobío

21 may 2025 . Actualizado a las 17:25 h.

A educadora social e secretaria de Capaces Lugo, María de los Ángeles Fernández Núñez, ofrecerá este xoves, 22 de maio, en Viveiro, unha charla-coloquio na que explicará claves para axudar a comprender o TEA (trastorno do espectro autista), cuxa incidencia entre a poboación, especialmente entre nenos e adolescentes, é cada vez máis alta. 

Promovida polo CEP Lois Tobío, a cita dará comezo ás 17.00 horas no salón de actos do Conservatorio de Música Profesional, e rematará ás 19.00 horas. 

Capaces de Lugo é unha asociación sen ánimo de lucro creada para apoiar as persoas con TEA e con trastornos da comunicación que precisen recursos similares no eido logopédico e terapéutico. 

Colaboran na iniciativa o Concello de Viveiro e o Centro de Formación e Recursos (CFR) de Lugo da Xunta de Galicia, ademais dos programas PIE, de inclusión.