Nove artistas da escena internacional actuarán o sábado no Ether en Viveiro

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

<span lang= gl >Karras Martínez e Luis Coedo, organizadores, xunto coa deputada provincial Iria Castro e a alcaldesa Mariña Gueimunde, na presentación este mércores do festival Ether no parque Pernas Peón</span>
Karras Martínez e Luis Coedo, organizadores, xunto coa deputada provincial Iria Castro e a alcaldesa Mariña Gueimunde, na presentación este mércores do festival Ether no parque Pernas Peón CEDIDA

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo achegará 6.000 euros ó festival de música electrónica, que foi presentado este mércores

16 jul 2025 . Actualizado a las 19:56 h.

A deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro, xunto coa alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, e o disyóquey Karras Martínez, xunto co tamén organizador Luis Coedo, participaron este mércores na presentación do festival de música electrónica Ether, que se celebrará este sábado, 19 de xullo, en Viveiro, e que contará coa participación de nove artistas da escena galega, estatal e internacional. O parque Pernas Peón será o escenario natural dunha cita na que destacan nomes como Deetron Presents Soulmate, DJ Swisherman ou Elba. Completarán a programación Luxi Villar, Pergo, Isma B, Karras Martínez, Irene Castro e Muíños, representantes da escena en Galicia e en España. Castro celebrou «ver concretadas a ilusión e as expectativas» que lle trasladou a organización a comezos de ano. A Vicepresidencia da Deputación achegará 6.000 euros á órganización dun festival que apoia por segundo ano. «Parécenos importante que as artistas galegas teñan plataformas de proxección nun momento de auxe da música electrónica a nivel internacional», e destacou a singularidade desta oferta cultural.