O xovense Marco López gaña un concurso de microrrelatos a nivel estatal

XOVE

Marco López
Marco López CEDIDA

«Isquiotibiales» mereceu o máximo galardón do certame literario do Cross de Atapuerca, vinculado á prestixiosa proba internacional de atletismo

03 dic 2024 . Actualizado a las 12:15 h.

Marco López (A Rigueira, Xove, 1978) logrou no pasado mes de novembro o primeiro premio no XVI Certamen de Microrrelatos Cross Atapuerca, convocado pola organización da recoñecida proba internacional de atletismo, que se celebra cada ano nesta localidade da provincia de Burgos. «Isquiotibiales» foi o relato gañador, unha pequena peza literaria chea de humor e de retranca na que o autor aborda o espírito deportivo das carreiras populares, cunha participación en auxe.

«Dicen que lo importante es participar. ¡Y una leche! En cuanto se da la salida, la gente empieza a correr como si le fuera la vida en ello. El que no corre vuela», comeza o microrrelato, publicado co seudónimo «Marco Pichucho», que conclúe cunha divertida reflexión: «Lo he meditado profundamente y si finalmente no consigo ganar el certamen de microrrelatos del Cross de Atapuerca alegaré que me dio un tirón en los isquiotibiales».

O premio, dotado con 600 euros, está patrocinado pola Fundación Ibercaja. O Cross de Atapuerca tamén convoca certames de debuxo e fotografía.

Graduado en Criminoloxía e funcionario da Administración de Xustiza, López gañou tamén o Certame de Poesía Concello de Rianxo (sétima edición), entre outros galardóns literarios.