Cambados celebra a primeira semana da banda deseñada cunha mostra e obradoiros adicados ós máis novos O Concello de Cambados inaugurou onte a primeira semana da banda deseñada que se celebra neste municipio do Salnés. Nun acto dirixido ós principais colexios da zona, a primeira teniente alcalde, Rosa Oubiña, presentou un programa de actos no que se inclúe un obradoiro que permitirá a todos aqueles mozos que lles guste o debuxo aprender as técnicas básicas para elaborar o seu primeiro cómic. A mostra está composta por varios paneis nos que se recollen portadas e maquetas da revista Golfiño e do famoso Xabarín Club, ademais das bandas deseñadas que resultaron premiadas no concurso da Xuventude 99.
22 may 2000 . Actualizado a las 07:00 h.M. A. CAMBADOS A primeira semana da banda deseñada que se celebra no municipio de Cambados inaugurouse ás once da mañá de onte. A mostra está adicada os alumnos dos colexios do municipio, que se espera visiten a exposición ó longo desta semana. «Preténdese dar a coñecer entre os máis novos o mundo do cómic mostrándolles o que se está a facer en Galicia e ensinándolles incluso a elaborar unha banda deseñada», apuntou a primeira teniente alcalde do municipio e encargada de presentar o acto, Rosa Oubiña.A mostrá que acolle o auditorio do Concello de Cambados está composta por numerosos paneis nos que se recollen as publicacións máis importantes de Galicia. Pranchas e ilustracións da revista Golfiño e as ilustracións que Miguel Anxo Prado fixo para a primeira serie animada de Galicia, Os vixiantes do camiño, poderán ser visitadas polos escolares.Esta iniciativsa compleméntase cunha publicación da Xunta na que se explica o momento que vive o cómic galego e no que se recollen os proxectos máis importantes que se están a levar a cabo.A exposición está subvencionada pola Consellería de Cultura e polo Concello de Cambados, e permanecerá aberta ata o próximo 27 de maio.