Vilagarcía presenta un libro sobre a figura de Avilés de Taramancos

La Voz LA VOZ | VILAGARCÍA

AROUSA

14 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

O Concello de Vilagarcía presentou onte o programa co que celebrará o próximo día das Letras Galegas. A presentación dun libro sobre a figura do homenaxeado, unha exposición e a entrega do premio Fermín Bouza Brey son os actos previstos para a próxima fin de semana. Durante estes días, a casa de cultura acolle unha exposición sobre a vida e obra de Avilés de Taramancos. A mostra está composta por doce carteis nos que se conxuga a información gráfica e a escrita e está organizada a partir do material suministrado pola Dirección Xeral de Política Lingüística. Ademáis, na biblioteca pode verse unha exposición bibliográfica con obras do autor, que tamén se pode contemplar nas axencias de lectura de Carril e Vilaxoán. Por outra banda, ás oito e media da tarde de mañán a sala Rivas Briones acollerá a presentación do libro «Avilés de Taramancos, un francotirador da fermosura». A obra, de Aurora Marco López, está publicada por Editorial Toxosoutos e é un estidio sobre a traxectoria vital e literaria deste autor ó que este ano se lle adican as Letras Galegas. Para rematar co programa o sábado, ás doce do mediodía, farase entrega do segundo premio de poesía Fermín Bouza Brey, que este ano conseguiu Xurxo Alonso. Outros actos Tamén o colexio de Meis preparou un completo programa de actividades para mañána. Dende as dez da mañá os máis pequenos poderán disfrutar de representacións teatrais e de actuacións musicais folclóricas. Para os de secundaria, os actos darán comenzo ás doce da mañá cunha presentación do autor homenaxeado e varias representacións teatrais. Pola súa banda, a Sociedade Gato Negro de Carril celebrará o sábado cun concerto de corda do centro. A continuación actuará a banda de música de Ribadumia e celebrarase o certame de poesía. Ó redor da unha da tarde terá lugar unha conferencia que versará sobre a vida e obra de Avilés de Taramancos. Despois da actuación do rancho folclórico de Portugal haberá a ofrenda a rosalía e o tradicional xantar das letras.