As diferentes letras de Arousa

La Voz LA VOZ | VILAGARCÍA

AROUSA

Feiras do libro, teatro e música centraron as actividades dos concellos no día de onte O Grove clausurou a súa feira do libro coa firma de exemplares de Xan Fuentes

17 may 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

Mercar un bo libro, escoitar en concerto as distintas bandas de música ou asistir ao teatro foron algunhas das alternativas das que puideron gozar os arousáns durante o Día das Letras Galegas. Co gallo de lembrar a figura de Xaquín Lorenzo, concellos, partidos políticos e asociacións culturais organizaron todo tipo de actividades co fin de que, polo menos durante unha xornada, o galego fose o idioma máis falado. No Grove comenzaron coas celebracións o pasado domingo, pero onte houbo tamén actividades para todos os gustos. Ás once da mañá abría as portas a feira do libro na Praza de Arriba, onde as distintas librarías ofrecían a posibilidade de mercar as últimas novidades editoriais e Xan Fuentes firmou exemplares. Tamén os máis pequenos tiveron o seu espazo e puideron pasalo ben nos obradoiros de xogos populares organizados pola asociación Érguete. Dous concertos e un festival do colexio Valle-Inclán puxeron fin á xornada. En Vilagarcía, a sociedade Gato Negro realizou a súa tradicional ofrenda floral que, este ano tentou tamén lembrar á poetisa Xaquina Trillo. Antes, os socios pudieron escoitar un concerto da rondalla e unha conferencia sobre Xocas.