07 jun 2004 . Actualizado a las 07:00 h.
? Automoción La Junquera despedíu a pasada fin de semana a mellor tempada da súa historia (oitavo clasificado na Primeira Nacional B con 44 puntos) sumando unha derrota na súa visita ao Cempés-Nor 48 de Corme. O resultado, 9-8, foi o máis abultado dos recibidos en contra polos vilagarciáns, que se medían a un adversario en loita por eludir a zona de descenso. No seu haber, dicir tamén que o La Junquera a piques estivo de remontar un 7-2. Camacho, Santi Paz e Diego, por partida dobre, e Casal e Andrés marcaron polos arousáns.