Mecos pecha a tempada da ACT cun sexto posto en Liébana

La Voz LA VOZ | VILAGARCÍA

AROUSA

27 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

?s remeiros de Fran González pecharon onte a súa participación na segunda tempada da Asociación de Clubs de Traíñas (ACT) cunha discreta sexta praza na I Bandera de Liébana (Cantabria). A traíña grovense marcou un tempo de 19.48.86, a moitísima diferencia do gañador, Astillero, con 19.28.84, e de Orio, segundo clasificado e vencedor da tanda de Mecos cun crono de 19.31.24. Cabo de Cruz foi terceiro (19.32.58), tamén remando canda os de Fran González, Hondarribia foi cuarto (19.35.79) e Urdaibai quinto (19.46.76). Pedreña e Castro pecharon os tempos da segunda regata Campeón de Campeóns con 19.59.91 e 20.12.38, respectivamente. Tirán descende Onte en Liébana foi un día triste para o remo galego. E é que un erro absurdo na liña de chegada supuxo a penalización con 0 puntos de Tirán na segunda e definitiva regata de ascenso-descenso, o que lle supuxo a perda de categoría. Despois de gañar a regata do día anterior, Tirán acumulaba 4 puntos, co que cun máis tiña asegurada a permanencia na Liga ACT ao empatar a 5 puntos con Isuntza, pero con mellor suma de tempo para a primeira. A sanción manda directamente a Tirán á Liga Galega e salva a Isuntza, que se mantén na ACT acompañada por Arkote. Deste xeito, Galicia queda representada por tan só dúas embarcacións na máxima competición do mundo da traíña española, Cabo e Mecos. En boa parte, pola falta de interese do resto dos mellores clubs da Comunidade.