23 nov 2005 . Actualizado a las 06:00 h.
?a compañía Sarabela Teatro presenta este sábado no auditorio de Vilagarcía, a partires das oito e media da tarde, a obra A gata con botas, dirixida ao público infantil. O prezo das entradas, que poderán ser adquiridas na taquilla telefónica, por Internet ou o mesmo día da función no despacho de billetes, é de dous euros. A gata con botas é unha versión do coñecido conto de Perrault, no que unha marquesa e unha gata espilida conseguen liberar ao pobo da tiranía de Coco. A peza está asinada por Ludwieg Tieck, dirixida por Ánxeles Cuña e protagonizada por Nate Borrajo, Fina Calleja, Fernando Dacosta, Suso Díaz, Sabela Gago e Elena Seijo.