TRIBUNA PÚBLICA | O |
20 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.Pero hai unha profunda crise... Sinceramente penso que os dirixentes que tentan dirixir a crise actual, para facerlle dano ao goberno bipartito, tentan arrinconar e criminalizar aos que non somos amigos de López Veiga. A única proposta real detrás dalgunhas bocas moi alteradas, estes días, é unha volta ao pasado, a que gobernen os meus. Pero todo o anterior é soamente unha parte da realidade marisqueira da Ría de Arousa. Porque tal e como comezaba estas liñas, o fundamental é que existe unha profunda crise produtiva. Crise que está acabando coa paciencia dos nosos mariscadores, os cales levan perdido unha parte importante do seu poder adquisitivo e iso nótase cada día. E ademais os problemas acumúlanse e non se ven de forma global perspectivas de futuro a corto prazo. E deste xeito está abonado o terreo para manifestacións. Por iso, os dirixentes do sector temos unha importante responsabilidade, e debemos encauzar este cabreo nunha dirección beneficiosa e de futuro para os nosos mariscadores. E aínda que teñamos que soportar situacións difíciles (eu podo falar con propiedade disto) temos que pensar en como recuperar a produción, como mellorar o futuro do sector (que estou convencido que o ten) e non podemos perdernos en enfrontamentos nin bandeiras partidistas. Espero que o mércores sexamos capaces disto.