O Centro Coreográfico presenta en Vilagarcía a súa obra «Vacuo»

La Voz LA VOZ | VILAGARCÍA

AROUSA

? Centro Coreográfico Galego presentará o próximo venres en Vilagarcía a súa montaxe Vacuo . A representación terá lugar no auditorio a partir das nove da noite. Trátase dunha peza con coreografía de Maruxa Salas e música de Berrogüetto. Con ela, o CCG, creado no ano 2006, preséntase por primeira vez na capital arousá. Con Vacuo Maruxa Salas pretendeu desenvolver unha proposta multidisciplinar que fala sobre os sentimentos, as emocións e o ciclo vida-morte-vida. Para poñela en marcha, o equipo estivo traballando durante catro meses. Participan quince bailaríns que ofertan a súa actuación durante unha hora. As entradas para o espectáculo están xa a venda, a través da páxina web www.servinova.com , ou chamando ao número de teléfono 902 504 500. Tamén estarán a venda o propio día da función no auditorio. O prezo é de cinco euros. Para anunciar este espectáculo, o martes pola mañá realizarase unha performance no mercadiño, co fin de dar a coñecer a montaxe e captar ao público que poida estar interesado en asistir.