Menos samba e máis darlle ao raño

AROUSA

CON GOTAS | O |

08 feb 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

O SUCEDIDO elévase á altura dun guión para Alfredo Landa. ¿Que fan tres galegos e catro garotas nunha praia da Arousa de madrugada? Algún cachondo respondería que máis galegos. A realidade non ten tanta coña. Logo de arruinar a conciencia os bancos da ría de Ferrol -algún, como o de Neda, deu de comer a moitos náufragos de Astano, i é dos poucos de Galicia que son quen de reproducir a ameixa do país- un grupiño mixto de furtivos chegados do norte puxeron o ollo no mar arousán. Isto, para semellantes elementos, é un cholliño, moito máis gordo que o castigado espazo ferrolán, esnaquizado a golpe de peiraos de carbón. E aquí veñen, dispostos a non deixar bivalvo sen invitar a gasosa. Desta volta cacháronos nas patacas. Xa veremos na seguinte. Velaí unha materia que debería ocupar e preocupar aos responsables das confrarías, moito máis interesados ultimamente no politiqueo. Menos samba e máis darlle ao raño, que é precisamente o que fan as nosas brasileiro mariscadoras foraxidas mentres nós seguimos de pancarta e axudiña, ollando cara Santiago.