Abel Bernárdez gaña en Catoira a derradeira proba do Campionato Galego de Supercross

La Voz

AROUSA

03 sep 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

O Campionato Galego de Supercross completou o pasado sábado o seu calendario no circuito da parroquia catoirense de Abalo. Abel Bernárdez (Team Bernárdez) venceu na categoría raíña, a júnior-sénior, impoñéndose nas dúas mangas oficiais.

Co título autonómico xa de antemán en poder de Ricardo Costas (Team RC), que nin sequera competíu xa en Catoira, Bernárdez non foi quen de superar a Marcos Fernández (Bacariza Sport) na segunda praza da xeral autonómica pesie a gañar a derradeira proba puntuable. Fernández asegurouse o subcampionato co segundo posto en Abalo, con Miguel Ángel Méndez (Motolia Race G.) completando o podio.

Polo que respecta ao resto das categorías, Francisco Fernández (Rodamoto) foi o gañador da proba cadete-xuvenil; Rubén Fernández (Rodamoto) fíxose co trunfo na alevín e, de paso, co título galego tras dura pugna co seu compañeiro de equipo Sergio Fernández, segundo en Catoira; Santiago Rodríguez (Dagan) completou o seu dominio incontestable na categoría veteráns; e Alberto Díaz (Team RC) asinou a súa primeira victoria da tempada en promoción.