Punto e final do Establecimientos Otero na Liga regular, en La Palma

La Voz

AROUSA

28 mar 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Partido intrascendente o que esta tarde disputa o Establecimientos Otero na cancha do Defense La Palma logo de amarrar a semana pasada a clasificación para a fase de ascenso á Superdivisión do tenis de mesa español. O conxunto cambadés acode nembargante ao seu derradeiro encontro de Liga regular coa ambición de elevar de 22 a 24 os seus puntos na clasificación final.

Co Liceo Casino descansando xa na derradeira xornada da Primeira División Nacional, clasificado para a promoción de ascenso á División de Honra, o segundo equipo do club vilagarcián pecha a fase regular da Segunda División na casa cun atractivo derbi comarcal. O Grupo Barros, líder incontestable, persegue na cancha do seu veciño o pleno de victorias hoxe a partir das cinco. Á mesma hora, o Joyería Enrique despídese da categoría visitando o Náutico de Vigo.

Polo que respecta á canteira do Cambados TM, o Caixanova acabou sétimo na Primeira Nacional Feminina. En categorías masculinas, hoxe o Caixa Galicia visita o Ferrol (Primeira Galega) e o Insucarpi o Cinania (2ª Galega).