O Liceo Casino xógase en Vilagarcía o liderato da Primeira Nacional de tenis de mesa co Vincios

La Voz

AROUSA

24 oct 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

A segunda semana de descanso consecutiva do Establecimientos Otero na División de Honra deixa a Primeira División Nacional como a categoría de referencia para os afeccionados ao tenis de mesa da bisbarra.

O Liceo Casino de Vilagarcía recibe hoxe ás cinco da tarde a AD Vincios-Espacio Vital, cos dous equipos compartindo liderato xunto co Enmacosa Monteporreiro logo de saldar os seus dous primeiros partidos do calendario con sendas victorias.

Na mesma categoría, o Caixanova Cambados visita a SC Padronesa, co cadro arousán cunha victoria no seu único partido disputado, balance oposto ao do seu rival de turno. O encontro, a partir das cinco, enfronta o plantel arousán cun rival experimentado, que conta nas súas filas co arxentino Andrés Correa, Orlando Conde e Alfredo Vázquez.

Na Segunda División Nacional, o Liceo Casino Sénior visita hoxe ás cinco o CTM Coruña, equipo da metade da táboa, na procura da súa primeira victoria.

O Caixa Galicia Cambados, pola súa banda, desprázase á cancha do Monteporreiro na Primeira División Nacional Feminina.

Polo que respecta á canteira do Cambados Tenis de Mesa, estes son os compromisos desta fin de semana. Na Primeira División Galega, Grupo Barros-Galmedica Ourense; AD Vincios Esypro-Joyería Enrique; e Charol Complementos-Diario de Pontevedra. E na Terceira División Galega, derbi arousán entre o Chinelas e o Mecos TM: