Os liceístas Abalo e González lévanse o Caixa Galicia de 420

La Voz

AROUSA

09 mar 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Rodrigo Abalo e Santiago González fixéronse o pasado domingo co triunfo no Trofeo Caixa Galicia da clase 420, disputado durante a fin de semana en augas da ría de Pontevedra baixo a organización do Real Club de Mar de Aguete.

A parella do Liceo Casino sumou 9 puntos nas cinco mangas disputadas, os mesmos cos seus compañeiros de club Óscar Gómez e Marcos Castro. Terceira foi a parella formada polo ribeirense Daniel Álvarez e o liceísta Borja Redondo, con 11 puntos.

O Trofeo Caixa Galicia foi puntuable para a elaboración do ránking galego, do que sairá a selección galega na Copa e no Campionato de España da clase 420.