Oito xogadores do Cambados TM, no Torneo Nacional de Categorías

La Voz

AROUSA

13 mar 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Desde a tarde de onte e ata a mañá do domingo, oito xogadores do Cambados Tenis de Mesa compiten no Torneo Estatal de Categorías que se celebra en Valladolid. Unha cita na que poden verse desde benxamíns ata raquetistas sub-23.

Na primeira categoría Paula Padín e Andrea Chaves se desprazaron á capital castelán-leonesa co ánimo de asinar unha boa actuación. No caso de Paula, tras acceder ao torneo coma sexta clasificada da fase zonal das Rozas (Madrid).

Martín Regueiro representa o Cambados TM no cadro alevín masculino, partindo entre os favoritos ao triunfo logo de gañar nas Rozas, mentres que Raquel Martínez disfruta da experiencia do torneo estatal no seu primeiro ano coma infantil.

Eduardo Barreiro é un dos candidatos ao primeiro posto na categoría xuvenil masculina, e Adrián Vidal ten as súas opcións na sub-23, mermadas por unha lesión nun nocello.

A benxamina Mariña Chaves e o xuvenil Fernando Padín viaxaron a Valladolid coma primeiros reservas, e Gema Cores foi baixa de última hora por enfermidade.