Onte foi o día grande para os meniños da Illa. Levaban tempo argallando unha nova idea de Ángela Otero, a bibliotecaria do municipio, que ao final superou as expectactivas creadas. A intención era a de encher botellas baleiras con debuxos, con contos ou con versos. Calquer motivo enfocado ao fomento da letura entre as idades máis temperáns era válido nunha data na que se rendía merecido tributo ás Letras Galegas. Ainda que o vindeiro luns será a xornada central, na Illa optaron por celebralo antes, de xeito diferente e probablemente mellor que noutras localizacións.
A iniciativa leva por nome Leturas embotelladas. Tomaron parte nela un total de 313 rapaces do colexio Torre. As presentacións foron orixinais dabondo como para poder presumir do esforzo que conlevou a súa confección. Ademais, estivo accesible para todos os curiosos que quixeron achegarse ao patio de quinto curso.
A xornada lúdico festiva tivo ademais da mostra expositiva en si mesma unha aposta decidida por las tradicións máis arraigadas da nosa terra. O pequenos esquenceron por un día as novas tecnoloxías e os videoxogos para retrotraerse como é debido aos tempos cando había que botar man da imaxinación. Xogos populares para todos para reivindicar que o aro, a petanca, a rá ou a chave poden ser motivos máis que suficientes como para manter a un fato de xoves ilusionados e entretidos. Ogallá se organicen na Illa, e nos demais municipios da comarca, moitas xornadas deste tipo, ainda que pasen as Letras Galegas.