O Cambados TM pecha o Galego Infantil con cinco podios

La Voz VILAGARCÍA/LA VOZ.

AROUSA

19 may 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Sobresaínte a actuación dos representantes do Cambados TM no Campionato Galego Infantil de Tenis de Mesa, celebrado o pasado domingo na localidade coruñesa de Oleiros.

Cinco podios encabezan o balance cambadés, incluído o título de Martín Regueiro no dobres masculino formando parella con Eduardo Quintela, do Oroso. Raquel Martínez e Paula Padín foron prata no dobres feminino, e houbo tres bronces, os de Raquel Martínez en individual feminino e no dobres mixto con Martín Regueiro, e o de Paula Padín co xogador do San Xoán de Ferrol Rubén García.