O XAV Cambados retorna á Segunda División A do voleibol feminino galego. E faino debutando hoxe na Liga cun rival aparentemente asequible, o Comercial Durán de Pontevedra (Pavillón do Pombal, 20 horas) .
O conxunto arousán confiaba esta semana en poder contar coa súa fichaxe estrela, a americana Alex Healey, para a estrea ligueira.
A competición de Segunda División A conta con 18 xornadas, que se prolongarán ata o 26 de marzo do 2011. Nela, o XAV veráse as caras, ademais de co Comercial Durán, co Emeve Lab. Nupel B, Proboin Boiro Voleibol, Autos Rico UDC A, Dompa Gestión, Voley Arteixo, CD Conxo, Calasancias Coruña B, e San Sadurniño.
Boa parte da canteira do XAV tamén arrinca a tempada esta fin de semana, cos seguintes enfrontamentos: Liceo La Paz da Coruña-XAV (Liga Galega Cadete, 12.30 horas); XAV-Comercial Durán (Liga Galega Infantil, 16.30 horas); e XAV-Comercial Durán (Liga Galega Xuvenil, 18 horas).