Grave pinchazo do E. Otero, gran paso adiante do Liceo

vilagarcía / la voz

AROUSA

O cadro cambadés ve complicárselle a promoción de ascenso, mentres o vilagarcián toca xa a permanencia coa man

10 mar 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Sorte dispar a dos dous representantes arousáns na División de Honra do tenis de mesa español nos seus enfrontamentos da pasada fin de semana.

O Establecimientos Otero saíu escaldado da súa visita ao Leka Enea de Irún. Cun 5-1 caeron os de Ñajo Padín, que ven complicarse sobremaneira a súa hipotética participación nunha nova fase de ascenso á Superdivisión.

Á marxe da doada derrota do hindú Santosh Araswilli fronte ao seu compatriota Jubin Kumar, o resto do enfrontamento co Leka Enea foi moito máis igualado do reflectido no electrónico final. Fernando Padín caeu 3-2 con Daniel Palacios, Guillermo Sánchez venceu 0-3 a Víctor Santamarta, Araswilli perdeu 2-3 con Palacios, Sánchez con Kumar 3-0 e Padín 3-1 con Santamarta. O E. Otero pasa do terceiro ao cuarto posto, a 2 puntos e cun partido menos có Calella, terceiro.

Pola súa banda, o Liceo Casino deu un paso case decisivo cara a salvación impoñéndose 4-3 ao Son Cladera, antepenúltimo clasificado. O dobres de Nigeruk e de Correa decantou un choque co ucraíno sumando os seus dous puntos individuais e o americano un.