O E. Otero ficha a Julio Reyes, do Caja Granada e ex internacional de categorías base

vilagarcía / la voz

AROUSA

O club cambadés renova á par a Fernando Padín e a Guillermo Sánchez

14 jul 2015 . Actualizado a las 05:05 h.

O Cambados Tenis de Mesa vén de pechar o seu primeiro plantel coa contratación de Julio José Reyes, xogador de 23 anos que pese á súa curta idade acumula xa unha ampla experiencia na División de Honra, a segunda categoría do tenis de mesa español na que continuará xogando no Establecimientos Otero tras pechar a súa etapa nas filas do Caja Granada.

Campión de España Cadete no cadro individual, Julio José Reyes foi internacional por España en todas as categorías inferiores.

Ao mesmo tempo, a directiva do Cambados Tenis de Mesa anunciaba as renovacións do canteirán Fernando Padín e do andaluz Guillermo Sánchez como integrantes do Establecimientos Otero. Un trío de promesas que opta pola fame de crecemento de Julio José Reyes en substitución do hindú Santosh Araswilli, a fracasada aposta estelar do club arousán a pasada campaña.