Os Ingleses estréase na Liga cunha traballada vitoria sobre o Mareantes

vilagarcía / la voz

AROUSA

O conxunto vilagarcián tivo que remontar dúas veces ante o cadro pontevedrés, para acabar gañando 16-10

17 nov 2015 . Actualizado a las 05:05 h.

Os Ingleses R.C. 16-10 Mareantes R.C.P. Este é o primeiro marcador da tempada do conxunto sénior vilagarcián, que tras descansar na xornada inaugural da Primeira Galega 2015/16, e de superar a crise do incremento brutal do custe das licenzas federativas, xa sabe o que é ter que pelexar nun encontro oficial cun plantel reducido por este problema.

Con 21 homes disputou o choque do pasado sábado no estadio de atletismo de Fontecarmoa o novo técnico dos Ingleses, Ju. Entre eles Pablo e Chamy, que volvían lucir a camisola dos Ingleses logo de varios anos fóra do equipo.

Nun encontro moi igualado, e de moita pelexa nas fases de conquista, de melé e de touch, o cadro local soubo quitarse de enriba a tensión coa que comezou o partido, e que lle facilitou ao Mareantes dominar os primeiros 20 minutos, adiantándose no 5 0-5. Un ensaio de Bosnio reestablecía a igualada, e un golpe de castigo de Jairo poñía o 8-5 antes do descanso.

Na segunda metade máis do mesmo, co Mareantes adiantándose de novo, 8-10, con Pablo recuperando a vantaxe arousá pouco despois e Jairo sentenciando a 10 do final nun golpe de castigo. Os Ingleses Sub-18, pola súa banda, venceron 15-53 o Lalín.