Completa o pagamento dos case 10.000 euros que arrastraba dos primeiros anos post ACT e pecha o 2015 cun pequeno superávit
02 feb 2016 . Actualizado a las 05:05 h.Os socios do Club de Remo Mecos tiveron o pasado sábado a ocasión de coñecer, opinar, valorar e tamén validar ou desestimar a xestión que a directiva que encabeza Juan Ramón Outeda desenvolveu á fronte da entidade ao longo da pasada tempada 2015. Claro que o balance non invitaba máis que ao que rematou acontecendo, a aprobación de todos e cada un dos puntos levados a votación por unanimidade dos socios presentes na asemblea xeral.
O balance deportivo, encabezado polo retorno da Mequiña á máxima categoría da Liga Galega de Traíñas, puxo a nota de cor a unha xuntanza onde os números tiveron un notable protagonismo. Cun superávit anual de 93,91 euros na diferenza entre os 89.013,85 euros de ingresos e os 88.919,84 de gastos ao longo do 2015.
Nas mencionadas contas aparecían incluídos os 2.850,72 euros que lle restaba por cubrir ao C.R. Mecos da débeda de case 10.000 euros xerada nos primeiros anos post ACT a raíz do descenso dos ingresos do club. Unha débeda liquidada no 2015. O orzamento para o 2016 fixouse en 80.000 euros.