Bouzas xoga hoxe a final do dobres de Avilés e a semifinal individual

Vilagarcía / La Voz

AROUSA

A tenista do C.T. O Rial pode sumar hoxe o seu segundo título en cinco días

14 jul 2016 . Actualizado a las 05:05 h.

Jéssica Bouzas continúa co seu pleno no Torneo Appel Bowl de Avilés Sub-16, puntuable para o Ránking Tennis Europe. Cun triunfo no cadro de dobres xunto coa catalana Fiona Arrese por 6-2 e 7-6(2) sobre Naroa Larrinaga e Alba Retortillo que permite a arousá pelexar hoxe polo título ante a parella Isabel Adrover e Marta Falceto.

No cadro individual a tenista do C.T. O Rial superou 7-5, 4-6 e 6-1 a gala Laura Bourguignon e hoxe xoga as semifinais coa tamén francesa Sophia Biolay.