Será o sábado, a partir das 13 horas nas instalacións do club de tenis vilagarcián
27 oct 2016 . Actualizado a las 05:05 h.A firma DMSport dos adestradores Daniel Otero e Manuel Acuña organizará este sábado nas instalacións do Club de Tenis O Rial unha charla do barcelonés Abel Rincón, ata o pasado mes adestrador na prestixiosa academia Albert Portas y Germán Puentes e coñecido pola súa canle de Youtube Clase Baja del Tenis, primeiro, e polas súas actuais contas en redes sociais hoxe. A charla servirá para presentar o proxecto solidario Tennis AID, co que Abel Rincón trata de fomentar a práctica do deporte da raqueta nos lugares máis desfavorecidos do planeta.