Só catro traíñas galegas tramitan o requisito administrativo para poder optar ao ascenso ao termo da tempada na LGT-A
05 may 2017 . Actualizado a las 09:30 h.Cando inda falta máis dun mes para o inicio tanto da Liga Galega de Traíñas como da ACT, a máxima competición da categoría raíña do banco fixo en España vén de pechar, como todos os anos, o seu prazo de inscrición para aqueles clubs que desde a ARC do Cantábrico e a LGT aspiren ao ascenso ao termo da tempada regular. En total, son 12 as bancadas apuntadas, só catro delas da Liga Galega.
O C.R. Mecos-Mondariz e o Amegrove C.R. figuran entre elas, xunto co C.R. Puebla e coa S.D. Samertolameu, no que supón unha declaración de intencións das miras coas que os catro equipos sairán a remar na inminente nova tempada. O C.R. Vilaxoán, pola contra, optou por non apuntarse a un play-off que se dilucidará o 16 e 17 de setembro en Bermeo e en Portugalete.