El Atlético Arousana goleó 1-5 al Milagrosak
21 nov 2017 . Actualizado a las 05:00 h.Xornada redonda a dos dous equipos arousáns na Primeira División Feminina de fútbol galego. O Ana Vidal Atlético Arousana prolongou o firme o seu pulso co Valladares, líder 2 puntos por enriba, cunha nova goleada das pupilas de Juan Laxes, desta volta sobre o Milagrosa: 1-5. O Umia C.F. deu a sorpresa co seu triunfo sobre o Viajes Interrías F.F.: 0-2.
Tras irse ao descanso cun curto 0-1, grazas ao gol de María Arufe no minuto 39, o Ana Vidal Atlético Arousana pechou o choque en once minutos. Os que transcorreron entre o 0-2 de Bárbara Sierra no 58, e o 1-4 asinado por Berta Teijeiro no 69. Con Míriam Señoráns poñendo entre ambos tantos o 0-3 e con Paula Rodríguez anotando o gol da honra lugués. Míriam Señoráns pechou o marcador a seis minutos do final.
En Sanxenxo, o Umia deu un golpe de autoridade ao impoñerse a un Viajes Interrías que caeu do terceiro ao cuarto posto polos goles de Míriam Domínguez (min 49) e de Alba Ferre (70). O Umia ascendeu á quinta praza con 20 puntos, 1 menos có seu último rival, mentres o Ana Vidal ampliou a 8 o seu colchón respecto ao terceiro clasificado.