Martín Soutullo gaña a última etapa de Ruta do Albariño, e Noreña a xeral
AROUSA
![](https://img.lavdg.com/sc/oMBUZ79my3E3TaxKrIf2l-zOOAs=/480x/2018/05/27/00121527439621280384571/Foto/PY28C5F2_1.jpg)
O luso amarra o primeiro posto noutro final ao esprint
28 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.E a historia repetíuse. Como o día anterior, a segunda e última etapa en liña do Tríptico Ruta do Albariño Júnior e Sub-23 remataba con vitoria galega en final ao esprint. Con Martín Soutullo Trigo, do Carballo a un paso, sucedendo no primeiro posto na liña de meta a Jorge Suárez Fernández, do Cidade Lugo-Pescados Rubén. E co ciclista luso do Bairrada Daniel Noreña amarrando o xersei que o acredita como gañador da sexta edición da carreira, que se axenciaba ao termo do seu primeiro sector, na mañá do sábado, ao vencer na cronoescalada de 3 quilómetros entre Meaño e o Alto do Busto cun tempo de 9 minutos e 31 segundos, 10 segundos menos co tamén portugués Helder Gonçalves, do Seissa, que tamén soubo defender o seu posto de honra ata o final sen despegarse do campión. Daniel Dias, do Maia, completou un podio da xeral integramente júnior a 28 segundos de Noreña.
Nun circuito de 23 quilómetros con saída e con chegada a Cambados, e catro pasos con outras tantas subidas dun quilómetro al alto de Padrenda, onte foron constantes as demarraxes no pelotón, formado case na súa totalidade por júniores. A última delas, con Rafael Salgueiro (Dipuleón), con Brais Gómez (Ponteareas) e con Rafal Torres (Tensai), morreu a sete quilómetros da meta, dando paso á chegada compacta ao esprint do pelotón.
Co seu triunfo na derradeira etapa, Martín Soutullo fíxose ademais na meta de Cambados coa xeral provisional da Copa Galicia Júnior.