O Cortegada coñece os seus compromisos de Copa Galicia

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

Recibirá o Maristas Coruña, recén ascendido á LF2, o 16 de setembro, o Arxil tres días despois, e visitará o Celta o día 23.

01 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Tres partidos para gañarse unha praza de semifinalista na Copa Galicia Feminina. O Cortegada xa coñece o camiño que deberá atravesar con éxito para aspirar ao primeiro título da tempada. Recibindo o Maristas Coruña, recén ascendido á LF2, o 16 de setembro, o Arxil tres días despois, e visitando o Celta o día 23.

En sistema a unha única volta, os dous mellores equipos galegos da LF2 na liguiña mediránse aos dous conxuntos galaicos na Liga Feminina, o segundo clasificado ao Baxi Ferrol, e o mellor da fase de clasificación copeira a un Durán Maquinaria Ensino de volta á elite. Será o 29 de setembro, na véspera da final polo título, en sede por determinar.