Pleno de derrotas do cuarteto arousán na Primeira, co CLB e co Sigaltec rozando a sorpresa
AROUSA

A primeira xornada de competición oficial do 2019 saldouse a pasada fin de semana con pleno de derrotas dos catro equipos arousáns que compiten na Primeira Autonómica Masculina e Feminina de baloncesto.
Na segunda das categorías, o CLB quedou ás portas de dar un golpe de efecto na cancha do Maristas Coruña B, terceiro clasificado, e aspirante ao título empatado a triunfos co Universitario Campus Ourense, segundo, e a tiro dun do líder, o Arxil B. O resultado, 63-56.
Máis axustado inda acabou o encontro do C.B. Dorna na pista do Baxi Ferrol B, con vitoria do cadro departamental por 46-42.
No tocante á Primeira Autonómica Masculina, o Sigaltec a piques estivo de sorprender o líder do Grupo Sur, o Universitario Campus Ourense, nun partido que rematou con 75-72 no electrónico. O Xuven Cambados, pola contra, sufríu unha derrota máis clara na súa visita a un Syngenta Seis do Nadal, conxunto que lle arrebatou a antepenúltima praza do grupo cun 62-49.