O director deportivo do club, Manu Felpeto, quixo salientar onte o labor dos novos valores da canteira do Xuven e do seu adestrador, Miguel Sineiro
10 abr 2019 . Actualizado a las 05:00 h.O enorme valor da vitoria do Xuven Cambados o pasado sábado sobre o segundo clasificado da liguiña de permanencia na Primeira Autonómica, o Pavimentos Noia (70-64), quedou ensombrecida pola materialización do descenso do club amarelo, o segundo consecutivo logo de perder un ano atrás nas canchas a condición de equipo de LEB Prata, para rematar fóra da EBA por un grave erro administrativo da directiva de Toño Lema.
O director deportivo do club, Manu Felpeto, quixo salientar onte o labor dos novos valores da canteira do Xuven e do seu adestrador, Miguel Sineiro, cun baloncesto de notable nivel castigado pola falta de experiencia dos xogadores. Por iso, a intención do club é volver apostar polo groso do actual equipo, e solicitar de novo unha praza vacante na Primeira Autonómica.
Pola súa banda, o Sigaltec sorprendeu na liguiña de ascenso o BBCA, 82-60.