Peleteiro recibirá en Vilagarcía o premio á mellor deportista galega

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MARCOS CREO

Mudega entregará o 3 de maio no Auditorio Municipal os quince premios e mencións

12 abr 2019 . Actualizado a las 12:37 h.

A asociación Mulleres Deportistas Galegas (Mudegá) entregará o 3 de maio no Auditorio Municipal de Vilagarcía os quince premios e mencións da sétima edición dos seus Premios do Deporte Feminino Galego. Coa Deputación de Pontevedra como organizadora do acto, ambas entidades participaron xunto con representantes de federacións deportivas, do CGTD, xornalistas e deportistas no xurado que o pasado día 3 fallou os diferentes recoñecementos, coa campioa de Europa de triplo salto en pista cuberta, Ana Peleteiro, elixida mellor deportista do 2018.