O Mecos parte en dúas finais do Nacional de Traiñeiriñas

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

Séniores femininas e xuvenís pelexan esta mañá en Meira polos podios

02 jun 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O Campionato de España de Traiñeiriñas completou na tarde de onte a súa xornada de eliminatorias nas aguas de Meira, Moaña. Con dúas embarcacións do Club de Remo Mecos noutras tantas saídas, e a tripulación xuvenil conseguindo o seu pase ás finais desta mañá. Fíxoo como segunda clasificada da súa quenda, que gañou Ziérbana AE en 14.39.96, 4,54 segundos menos co barco grovense (14.44.50). Os seus outros rivais hoxe polo título e polas medallas son Koxtape, Samertolameu e Isuntza AE, primeiro, segundo e terceiro na outra quenda.

Na categoría absoluta masculina quedou pola contra en evidencia a condición de repescado do C.R. Mecos, que só puido remar o Nacional pola ausencia de barcos cántabros e a reducida representación vasca. Acabou cuarto e último da súa quenda, en 14.00.09, con Itsasoko Ama AE e Cabo da Cruz sumándose ás outras tres únicas traiñeiriñas da outra quenda, Ziérbana AE, Ares e Samertolameu.

Na categoría sénior feminina hai final directa, ao inscribirse unicamente as cinco embarcacións finalistas no Campionato Galego, a de Mecos entre elas.