
15 ago 2019 . Actualizado a las 05:00 h.
A excelente tempada do C.R. Mecos na Liga Galega de Traiñeiras vén de recibir o seu premio na confirmación por parte da organización da Bandeira da Cocha dunha praza para a súa bancada masculina na regata clasificatoria. Cita á que tamén acudirá a embarcación feminina do club, a que construíu xunto a Coruxo e que lidera con paso firme a LGT-Feminina, que xa se anotara á gran cita donostiarra, de inscrición aberta no caso das traíñas femininas. As dúas tripulacións de Mecos pelexarán o xoves 29 polo pase á final.