O Memorial Adolfo Pedrido contará con nove titulados no seu Open

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

OSCAR VíFER

Será tamén puntuable para o Circuito Galego de Promoción

20 sep 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Vilagarcía volverá concentrar a atención do xadrez galego. Praza forte do deporte das raíñas, dos reis e dos cabalos, a capital arousá será o escenario mañá sábado da vixésimo sétima edición do Memorial Adolfo Pedrido. Mais concretamente, seráo a recinto feiral de Fexdega, no que se desenvolverán os dous torneos desta competición organizada polo Club Xadrez Fontecarmoa e a Fundación Deportiva Municipal de Vilagarcía, coa colaboración do Concello de Vilagarcía, de Zona Aberta e mais de Vitaldent.

O Gran Mestre búlgaro Vladimir Petkov encabeza a nómina de favoritos ao triunfo no Open Internacional, con nove mestres titulados entre os seus 83 inscritos. En xogo, ademais da honra da vitoria en Vilagarcía, unha bolsa de 580 euros en premios en metálico, con 200 para o campión, con 150 para o segundo clasificado, e con 100, 80 e 50 para os tres seguintes. O sistema de xogo, suízo a sete roldas de 15 minutos máis 5 segundos por xogador, a primeira a partir das once da mañá, e a última desde as sete da tarde.

Co mesmo horario e sistema, coa única diferenza dos 20 minutos finish para as categorías Sub-8 e Sub-10, dispútase o torneo puntuable para o Circuito Galego de Promoción enmacado no Memorial Adolfo Pedrido. Con cadros de competición tamén para categorías Sub-12 e Sub-14, que xunto cos dous arriba recollidos, reunirán a un total de 86 xadrecistas.