O Juventud apúntase á Liga pero serán socios e equipo os que decidan se saír

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

C.J. Cambados (Cedida)

O club convoca unha asemblea para este domingo

31 dic 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A directiva do Club Juventud Cambados inscribíu esta semana o seu primeiro equipo na Liga de Preferente Autonómica. Un trámite para o que os 46 equipos da categoría teñen ata as seis da tarde de hoxe. A cuestión é que os responsables da sociedade deportiva arousá non aseguran que o conxunto amarelo remate saíndo a competir, despois da decisión anunciada polos seus veciños Céltiga, Vilalonga, Xuventude Sanxenxo e Portonovo de renunciar á facelo pola situación da pandemia, asumindo o castigo do descenso á Primeira Galicia fixado pola Real Federación Galega de Fútbol para aqueles equipos que opten por plantarse. Unha situación que privaría o Juventud da maioría dos seus rivais no subgrupo de 8 equipos no que debería competir esta tempada.

Así as cousas, Daniel González Somoza, Fol, director deportivo do primeiro equipo, coordinador de Fútbol-11 do club e vogal da directiva, informou que serán os socios do club e os integrantes do cadro de Preferente Galicia adestrado por Pénjamo os que teñan a última palabra á hora de decidir se o Juventud Cambados sae ou non a competir esta tempada. No caso dos socios, na asemblea convocada este domingo, ás 11.30 en primeira convocatoria e ás 12 en segunda, no pavillón municipal do Pombal.