Amegrove volve á Liga Galega de Traiñeiras

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

Faráo por primeira vez na categoría B, logo de ter renunciado a saír no 2020 pola pandemia. Mecos e Vilaxoán competirán de novo na A

12 ene 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A Liga Galega de Traiñeiras fixo onte pública a listaxe cos equipos preinscritos para a súa edición do ano 2021. E entre as 23 embarcacións masculinas apuntadas aparece a de Amegrove C.R, que o ano pasado figurou no grupo de clubs de remo galegos que optaron por non competir a causa da pandemia.

A directiva do Amegrove lembraba onte no Facebook do club que esta será a primeira vez que saia na LGT-B e non na A, na que repiten o C.R. Mecos e o C.R. Vilaxoán, desde que se fundou a Liga Galega.