Vilagarcía activa un servizo de información polas interferencias do 4G coa TDT

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

Calquiera indicencia pode ser comunicada ao número de teléfono gratuíto 900 833 999

26 ene 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A implantación das redes 4G segue avanzando en Vilagarcía, onde nos últimos días as operadoras de telefonía procederon á adaptación á nova tecnoloxía dun total de 8 antenas. O inicio da prestación de servizos sobre a rede 4G pode producir interferencias na Televisión Dixital Terrestres (TDT) nas zonas de cobertura da antena, razón pola cal lémbrase aos usuarios que poden recorrer ao servizo Llega800 para resolver de forma totalmente gratuíta os problemas de recepción da sinal televisiva. O número de teléfono ao deben chamar para dar parte da incidencia e solicitar que envíen ao servizo técnico para resolver o problema é o 900 833 999, tamén gratuíto.

As últimas antenas de telefonía adaptadas para emitir en 4G están distribuídas por diferentes puntos do municipio, tanto no casco urbano, en concreto na Rúa Castelao, Doutor Tourón ou estación de ferrocarril; como en zonas da periferia e o rural, dende a Avenida Rosalía de Castro xa en Carril, Monte dos Louridos, en Bamio, A Lagoa en Sobrán ou Perrón en Rubiáns.

As posibles interferencias ou cortes na sinal da TDT poden producirse nun radio de seis quilómetros que ten como centro as antenas. Para resolver estas incidencias é necesario instalar un filtro nas antenas de televisión das casas, traballo que desenvolve de balde LLega800, sempre que o problema sexa consecuencia da 4G e non doutras causas.