A infraestrutura coincidirá co tramo que dá acceso á ponte do Terrón
02 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar a redacción do proxecto de construción de sendas peonís nas estradas autonómicas PO-302 (que comunica o cruce da Molinera co centro de Vilanova) e a PO-306, que coincide co tramo que dá acceso á ponte do Terrón, no mesmo municipio. O contrato foi adxudicado á empresa Deseños Estruturais e Viarios, S.L. por importe de máis de 18.000 euros, cun prazo de execución de seis meses.
Trátase de definir as actuación precisas para a execución dunha senda peonil na marxe dereita da PO-302 e tamén na marxe dereita da PO-306, onde ademais da senda vanse construír aparcamentos en batería. Tomarase como base unha proposta remitida polo Concello ao departamento que dirixe Ethel Vázquez, no ámbito destas dúas estradas, segundo informan da consellería.
Por outra banda, A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, vén de conceder axudas a oito concellos da provincia de Pontevedra por preto de medio millón de euros para a creación ou mellora de infraestruturas municipais. Entre eles, Vilanova, onde se investirán 76.760 euros no soterramento e mellora de eficiencia no casco urbano