«Lúa vermella», un peche de cine para as Letras Galegas en Vilagarcía

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

A concellería de Cultura e o cine club Ádega proxectan este serán, no salón García, a cinta fantástica que asina Lois Patiño

19 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A proxección do filme Lúa vermella pon este serán o colofón á celebración do Día das Letras Galegas en Vilagarcía. A colaboración entre a concellería de Cultura e o cine club Ádega achega ao salón García, a partir das 20.30 horas, unha cinta dirixida por Lois Patiño, autor de Costa da Morte. Gozar desta historia, unha mostra do cine fantástico facturado en Galicia, só require reservar butaca a través da web cineclubeadega.com.