![](https://img.lavdg.com/sc/jBIhbZgLk-3SqnzY6Th3jOgfI8k=/480x/2021/09/12/00121631443141315640929/Foto/77.jpg)
Actuaron o sábado pola noite en Cambados e Vilanova
12 sep 2021 . Actualizado a las 12:40 h.A música volveu onte á noitiña á praza de Fefiñáns (Cambados) da man do grupo Os Resentidos -na imaxe- que puideron por fin actuar logo da suspensión obrigada polo mal tempo na Festa do Albariño. Onte tamén soou a música en directo en Vilanova, desta volta co cantautor leonés Amancio Prada, comezando así as festas patronais que vivirá o pobo esta semana.